Recordo
que meu pai pasou por escrito unha coña que seriamente se “devatia
“ na famosa peña O Sifán , do Circulo das Artes de Lugo, na que
se estudiaban as case que infinitas e diferentes formas de
utilización do termo CARALLO, unha riqueza impresionante do galego ,
sin comparanza con ningún outro idioma . Os do Sifán chegaron a
recopilar 300 acepciós e dixérome que Manuel Mandianes recopilara
3.000 . Pregúntome si o galego resistiría o paso dos tempos si
non tivera o importantísimo puntal da palabra carallo, en sus
multiple acepciones , como coadyubante en el énfasis de una
expresión, frase , nome , adjetivo , e como un comodín ou
muletilla, xa que vale para todo. Sin él o galego carecería de esa
gracia especial , ese tono cantarín , e incluso faltaríalle forza e
rotundidade para espresar sorpresa ,asombro, dor, cólera , cariño,
pena, etc,etc.
Fai
catro anos removín ceo e terra , nos miles de papeis de meu pai, que
miña nai gardaba celosamente, e non o atopei , asi que me puxen a
tarefa de facer unha investigación, pola miña conta, para o cal ,
evidentemente , non teño, nin as mínimas ferramentas académicas,
nin técnicas linguistas . Pero como son un ousado , tirei pra
diante , contando so ca memoria e a cara dura que lle voto ,e ca
disculpa de que, como son un xubilado , téñenseme que perdoar todo,
sobre todo os amigos, po la sinxela razón que nin siquiera pódese
decir que esta carallada e unha perda de tempo. Por vergoña non o
publiquei, visto o resultado. Con motivo do recente pasamento da miña
nai, e o nomeamento de albacea testamentario, cargo de dificil
desempeño, xa que somos nove fillos herdeiros, tiven que bucear no
armario onde se archivan os documentos e atopei unha carpeta con
cousas da Peña do Sifán, entre as cuais atopei unhas poucas notas
sobre o tema, que permitironme facer esta carallada de artigo,
especialmente unha curiosa folla, amarela e vella , de propaganda
dunhas caldeiras de vapor, de Xixón. ¡ Unha xolla !, o que fíxome
retomar o “proxecto”, mellorando o contido.
Realmente
non chamaría a atención o termo, si nos atemos as múltiples formas
en que se denomina en galego o órgano xenitatal masculino ou membro
viril, cando se emplea sin énfasis, : carallo, caralla , pirola,
pixa , poia, pene, falo, mango , pata do medio, pata pequena, dedo
sin unha, tranca, porcán, fungueiro,o
pau das festas .......
Carallo como exclamación, según o tono , pode ser de
asombro, de admiración, de asentimiento, preocupación, desdén ,
repudio, asco, etc, o que xa nos pon diante dunha palabra riquísima
en significados, no que pivota o galego coloquial do pobo .
Pero
o que verdadeiramente ten asombrado ao mundo enteiro e a multitude
de acepcios e significados que ten , e sobre todo os moitísimos que
lle da a outros cando os acompaña para expresar dolor , asombro ,
sorpresa, admiración :
--¡Arre
Carallo !
--¡
Manda carallo !
--Tocar
o carallo . Amolar , foder
--Vaite
ao carallo .Desprezo , vaite a merda.
--O
carallo
--Veña
carallo
--Ide
ao carallo
--Vai
ao carallo
--¡
Vaia carallo !
--Tocar
o carallo . Amolar , foder
--Vaite
ao carallo .Desprezo , vaite a merda.
--O
carallo
--Veña
carallo
--Ide
ao carallo
--O
carallo vintenove. No quinto pino, lexos, moi lonxe
--Carallo
a vela.
--¡
que carallo !
--¡Hai
que carallo!
--¡Ala
carallo !
--¡
Ale carallo !
--¡
Hui que carallo !
--¡
Polo carallo !
--¡
De carallo!
--¡ Vaia carallo !
--¡
Xa, carallo, xa !
--¡
Mira carallo !
--
¡ Al carallo!
--Non
vale/s un carallo. Non vale/s nada
--Non
me sale do carallo. Non quero , non me da a gana
--Estar
de carallo . Estar moi ben , estupendo/a, collonudo/a.
Creo
que o que lle da verdadeira importancia ao termo, hasta alcanzar a
categoría de pedra millar do idioma galego, naturalmente o falado
polo povo, esto e o verdadeiro, non o normativo, con múltiples
variantes nas diferentes zonas de Galicia, o meu galego e o da Terra
Cha, e a capacidade do termo Carallo para darlle forza e
grandiosidade, as frases que representan emociós, cabreo, asombro ,
sentimentos, ira, resignación, pena o alegría , son os termos
derivados:
--Carallada.
Estar de troula, de festa de carallada, carallear , e estar de
troula , de broma . E unha carallada , e unha tonteria , unha
bobada.
--Caralludo/a
. Pistonudo, fenomenal , excelente, denota calidad.
--Carallazo.
Contrariedad , golpazo
--Caralloto.
Indiferente , frio
--Carallote.
Alga, navalla
--Carallota.
Tira de coiro
--Carallete.
Cabo , extremo dunha corda, Úsase tamen como interxección.
--Caralleta.
Croque, aparato xenital dos cochos. Como rípio utilizase como
membro dos homes “ Cando asoma a teta , pódese lle meter a
caralleta “
--Carallán.
Invécil , bromista , tonto.
--Carallón
. Denota cantidade , lonxitude.
--Escarallado.
Cansado, agotado, roto, dislocado.
--Escaradadiño,
Cariñoso de escarallado.
--Escarallación
. O colmo. O descollone.
--Escarallar.
Estropear, foder unha cousa, ou morrer de risa.
--Escarallancia.
Menopausa ou andropausa ou pitopausa.
O
énfase, a forza nas expresiós que lle pode dar as frases o empleo
do termo carallo e tal, que sin el, o galego estaría en
encefalografía plana, soso e coxo, mentras que sua utilización
xenerosa, profusa e abundante, dalle ao idioma unha riqueza case que
infinita, xa que vale tanto para afirmar, coma negar, pode expresar
o bon e o malo, cansancio, resignación, a risa e a pena, e unha
infinidade de estados de ánimo , según el tono, el contexto da
frase no que está inserto. Vexanos unhos poucos exemplos:
-RESIGNACIÓN:
¡ Ay que carallo!.
-INDIGNACIÓN:¡
Que carallo!
-CACHONDEO:
¡ Ben carallo ben!
DESPLANTE:
¡ Vai ao carallo!
-INQUISITIVO:
¿ Que carallo e ?
-CONTRARIEDADE:
Tócacheme o carallo
-CANSANCIO:
Deíxate de caralladas.
-O
FENSA : Iste carallo e parvo.
-TEMPLANZA:¡
Cálmate carallo !
-AMENAZA
:Ven carallo ven.
-NEGACIÓN:
Non carallo non
-NEGACIÓN
ROTUNDRA : Nin carallo nin nada .
-XURAMENTO
: ¡ Me cago no carallo !
-IRA:
Me cago no carallo , ¡ carallo ! .
-LOUBANZA
: ¡ E un home de carallo !
-DUDA:
O carallo vintenove.
-EXTRAÑEZA:
Pero ¿ que carallo pasa ?
-DESPREZO:Pásamo
por debaixo do carallo .
-ANIMOSO
: Dalle , carallo, dalle .
-CAPRICHOSO:
Saliume do carallo.
-CUALITATIVO:
Non vale un carallo.
-VALORATIVO
: Róncame o carallo .
-FATALIDADE:
¡ Ten carallo a cousa !
-PICARDÍA
: O caralliño.
-METEOROLOGÍA:
Fai un tempo do carallo.
-LEXANÍA:
No quinto carallo.
-CURIOSIDADE:
Carallo Xosé ¿ Que carallo fas eiqui ?
-XEOGRÁFICO:
¡Manda carallo na Habana ! Expresión que os mais ilustres
historiadores galegos imputan ao descubridor pontevedrés Cristobal
Colón, cando os Reis Católicos, ao final, mandárono ao carallo, e
morreu no quinto carallo.
Si
os meus lectores pásano tan ben coma min, ao argallar esta carallada
de artigo, douno por ben feito e pido que si algué pode aportar
acepción ou expresiós galegas co termo carallo agradecerialles que
mas fagan chegar.
¿
Nótase moito que estou farto da carallada da política e dos
políticos do carallo ?
Mi querida amiga Mónica me manda por email el siguiente comentario, con el cual , como siempre , estoy totalmente de acuerdo :
ResponderEliminarSi te soy sincera, creo que un debate en el Congreso, el Parlamento gallego o en el Pleno de la Diputación de Lugo sobre la importancia del término carallo y sus múltiples y variadas acepciones sería mucho más productivo que todo lo demás que están haciendo